
Historia dunha caixeira que veu de Uruguai
En casa eramos pobres. Moi pobres. Pero… felices. Meu pai era sereno e mamá era ama de casa. Paso de la Arena é un barrio dentro de Montevideo. Ao lado dun regato pantanoso. Se chovía moito, o regato desbordaba e inundábanos a casa.

Catro décadas despenalizando a homosexualidade
A día de hoxe a homosexualidade segue estando ilegalizada en máis de 70 estados. Non fai moito tempo, un 17 de maio de 1990, a Asemblea Xeral da OMS eliminaba a homosexualidade do listado de doenzas mentais. Aínda que no Estado a lei de perigosidade deixou de aplicarse en 1978 nos “casos de homosexualidade” a derrogación virá 20 anos despois da morte de Franco, concretamente un 23 de novembro de 1995. Até esa data pódese dicir que o colectivo LGBT estivo coa espada de Damocles enriba.

8M: Cal é hoxe a axenda feminista?
ANÁLISE | Ximena González. Mentres os feminismos autónomos centran o seu traballo en dar resposta ás denuncias das violencias machistas, os grupos vencellados ás axendas estatais viran cara unha axenda institucional centrada na presión aos partidos políticos. Diferentes, mas non excluíntes, ambas realidades conviven dende moito antes do 8M.

Sentenzas, resistencia activa e soberanía
A sentenza do caso de La Manada explícannos que, para que o abuso sexa agresión, debe haber intimidación. Non valeu o medo a non poder fuxir, de momento, como proba de intimidación. E non existe conciencia de facer mal porque forzar a unha muller non está mal. Esa é a cultura na que sobrevivimos.

"Para nós, facer xornalismo feminista no ten que ver só cos contidos, tamén cos procesos, coas estruturas internas: desde como coidas a unha persoa que entrevistaches (o seguimento, como te preocupas de que efecto ten na súa vida saír no teu medio) a quen limpa o baño na redacción ou como nos relacionamos con outros medios".

Mulleres Colleiteiras: unha arañeira en lila
Entre as catro tecen con la unha rede de cor lila. Porque, máis aló de formas xurídicas e de obxectivos numéricos, Mulleres Colleiteiras é un espazo de encontro, unha forma de gañar a vida, un bocadiño de xustiza social que emerxe, coma sempre, desde as marxes.

“Espero que o feminismo sexa quen de crear esa unidade mundial desde abaixo”
As intervencións de Silvia Federici son sucesos políticos. Volveu pasar onte en Pontevedra. Federici transmite enerxía desde un corpo magro e unha mirada fonda de ollos azuis. Federici é o espello dunha revolución pendente que segue sendo posíbel.

8M: Un encontro afortunado ou un desafío ao status quo?
Unha reflexión en torno á folga internacional de mulleres do xoves pasado e as dúas preguntas que xorden desde a sociedade e os poderes públicos. O feminismo lanzou un desafío político con poucos precedentes: dirixirse á sociedade, ao ámbito do persoal e íntimo e ás institucións a un tempo e desde diferentes voces e propostas.

Nove maneiras máis de ser muller
Sorprende que a estas alturas sigamos con reclamacións de hai 107 anos. Pero seguimos cunha fenda salarial e os traballos que se nos ofrecen son non cualificados, mal pagados e temporais, o que nos obriga a emigrar ás mozas e deixa ás adultas o labor dos coidados familiares.
