Teimas

O que non soltamos.

Acto de intimidación en Xinzo da Limia

02/03/2020

Medio cento de gandeiros concéntrase ás portas do xulgado de Xinzo da Limia durante a citación do activista do MEL que denuncia a contaminación das augas da comarca polas prácticas da gandaría industrial. Manuel García reafírmase nas declaracións polas que Coren ameaza con demandalo. O acto de conciliación remata sen acordo e a empresa dispón agora de 4 anos para activar a demanda por 1 millón de euros.

Unidade e mobilización para parar Touro

17/02/2020

Diante dunha Xunta favorable ao proxecto mineiro, a resposta veciñal (e a proximidade das eleccións) foron determinantes para o éxito da protesta, consideran na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa. E piden seguir loitando para que a antiga mina sexa restaurada e cancelar os dereitos mineiros.

Gaña Touro, a guerra segue

29/01/2020

Militantes ecoloxistas valoran a decisión da dirección xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático de emitir unha declaración de impacto ambiental negativa con relación ao proxecto de actualización da explotación da mina de Touro.