Teimas

O que non soltamos.

Feixoo salva Verín de Feixoo

12/01/2020

A primeira liña de batalla na defensa da sanidade pública diante do asalto privatizador estivo estas semanas en Verín. Aquí, o relato dunha crise na que hai que atender á cronoloxía para entender como Feixoo salvou Verín de Feixoo. O que non explica é se Verín se salvará do PP.

Unha alianza letal para o dereito á vivenda

27/11/2019

O caso da Patiña, en Cambre, mostra os efectos dun mercado inmobiliario en mans de fondos voitre e das novas tácticas da banca, que usa servizos de mediación para evitar os xuízos cando hai resistencia ao desaloxo. Un ano despois de estoupar o conflito, os inquilinos de vivendas de protección oficial que perderon esa protección por un cambio normativo enfróntanse a subas do 50% no prezo do alugueiro. Non poden pagar.

Até chegar a algures

29/08/2019

Sobre a necesidade dunha intervención comunitaria para a saúde mental (e II). Un artigo de Manuel Borte. Arredor do traballo, a empresa e a comunidade; os fins do Acompañamento Terapéutico.

Isto non é unha queixa

29/07/2019

Sobre a necesidade dunha intervención comunitaria para a saúde mental (I). Un artigo de Manuel Borte. (Observacións desde a militancia tola e apoloxía da profesión do Acompañamento Terapéutico)

reintegracionismo, Carvalho Calero

Hei de entrar no meu povo

25/06/2019

Reivindicamos Carvalho Calero, comunicado de prensa de Xosé María Dobarro, Xosé Manuel Pazo, Bernardo Máiz e Vitor Santalha.

Cadeas sen lei

21/02/2019

Tres expertos en prácticas hospitalarias en saúde mental expoñen o estado da cuestión sobre a contención mecánica.

A única intención é que te rendas

13/01/2019

"Cheguei a subirme as camas para impedir que me ataran. A miña dor xa non era a física, senón non entender por que esas persoas me tiñan que facer aquilo."