
“A residencia de Celanova segue abandonada polas administracións”
Seis meses despois de detectado o surto de covid19 no centro de maiores San Carlos, María Rodríguez, membro de REDE, alerta: “Isto non rematou, as deficiencias continúan, os problemas medraron e non se ve axuda por ningunha parte”.

Así colapsa un centro de maiores
Esta é a reconstrución en base aos testemuños de familias e traballadoras dos dez días nos que se desatou a crise na primeira residencia de maiores galega que sufriu un brote masivo. Entre o 18 e o 27 de marzo o virus cambiou para sempre a Residencia San Carlos de Celanova.

A vila da morte (II): 1939, ano da infamia
A prisión de Celanova (1936-1943): Como se converteu Celanova na “vila da morte”? Unha serie de Pablo Sánchez.

Nunha época de autoritarismo crecente…
Caitlin Johnstone reflexiona sobre o efecto disuasorio do caso Assange cando os poderes necesitan garantir o segredo da súa axenda. “Non debemos permitir que se salgan coa súa. A liberdade de Assange é máis crucial que nunca."

Nunha sentencia histórica, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña dá a razón ás institucións públicas na demanda contra a familia Franco e ordena a devolución sen indemnización do Pazo de Meirás ao dominio público. Meirás representa hoxe o triunfo da tenacidade. Despois de corenta e pico anos na batalla pola verdade, a xustiza e a reparación, un grupo amplo e heteroxéneo de activistas, políticas, avogadas e investigadoras galegas obteñen unha vitoria decisiva para a loita pola memoria histórica. "Galiza e o Estado son hoxe un chisco máis democráticos", apunta o historiador Carlos Babío, cuxo traballo deu ao fin coa chave para a recuperación de Meirás.




