adiante

Semanario galego de información e análise, cunha mirada pausada sobre a actualidade e os asuntos que quedan fóra.

Xiao Nong Xu. Yangyuan (provincia de Hebei, China), 1986.

Unha voda en China

22/06/2018

Ao comezo, cando lles contei aos meu pais que tiña un mozo español e namorei del, eles nin o aceptaron nin o entenderon. As palabras dos meus pais foron: "Se China é tan grande, non hai aquí ningún home para ti?" Meus pais estaban moi preocupados, ir vivir tan lonxe da casa, sen amigos, sen familia que me apoie, e xunto ás diferenzas culturais… o matrimonio non podía durar moito.

Goebbels-á-feira

21/06/2018

"Estamos nunha etapa histórica no que o carácter de servizo dos medios de comunicación públicos está sendo cuestionado", di o decano de Xornalismo mentres na TVG dimiten a presentadora e o presentador do Tele Xornal da noite e o comité de empresa da corporación pública denuncia a manipulación informativa por parte da dirección e sinala aos profesionais que lle entran no xogo.

Alerta na universidade: hai razóns económicas detrás do abandono?

Alerta na universidade: hai razóns económicas detrás do abandono?

20/06/2018

Dos campus das tres universidades galegas hai mozas e mozos que tiveron que marchar por non poder pagar a matrícula ou facer fronte aos gastos que esixen os estudos superiores. As universidades inda non detectaron estatisticamente este problema, mentres as axudas estatais redúcense ano a ano e van establecéndose mecanismos de 'rescate' que incorren na estigmatización do alumno pobre.

46 mulleres máis

20/06/2018

Catro mulleres no Día das Letras Galegas son poucas? Son, si, pouquísimas. Pensade que, para resarcirnos e equiparanos á presenza masculina haberá que celebrar sen pausa, unha tras outra, autoras galegas durante corenta e seis anos seguidos. Un artigo de Emma Pedreira.

Valeria Bello. Investigadora do Instituto de Globalización, Cultura e Mobilidade da Universidade das Naciones Unidas (UNU-GCM).

“O gran avance sería abrir rutas regulares para as migracións”

18/06/2018

Valeria Bello, experta en relaciones étnicas e seguridade internacional, explicou en Acampa que as previsións son bastante alarmistas. “A comezos de ano publicouse un estudo que relaciona o aumento da temperatura co aumento das peticións de asilo en Europa. No escenario máis favorable, cada ano haberá máis de 600.000 peticións máis de asilo das que xa hai debido á suba da temperatura no planeta”.

Os pacientes revólvense contra a situación de abandono no Hospital de Ourense

18/06/2018

Un comunicado dunha asociación de pacientes lanzado esta tarde revela o enfado dos usuarios que empezan a organizarse e a desesperación de centos de familias e enfermos. “Por que os 41 millóns de diñeiro público destinados á construción do novo hospital non están repercutindo nunha mellora da calidade na atención?”, pregúntanse desde a Asociación Usuarias e Pacientes do CHUO.

Berta Cáccamo, Absu 1991

Berta Cáccamo e o hermetismo transparente

17/06/2018

Sobre a súa intensa traxectoria, aínda que non tan longa como quixeramos todos, escollería a palabra ”coherente” para describila cun só trazo. Amosar sen impoñer. Compartir sen adoutrinar. Unha artista que convida a habitar a súa pintura coa ollada cómplice de quen entende que os espazos creados nas súas teas, nos seus papeis, son espazos de acollida, de complicidade. Lugares nos que poder acougar.

Simone Portugal e Marcos Sorrentino, conferenciantes en Acampa.

“Hai un retroceso no Brasil que permitiu a liberación das forzas conservadoras”

16/06/2018

Simone Portugal e Marcos Sorrentino, expertos en educación ambiental, e participantes en Acampa 2018 din que "enfrontar o problema dos refuxiados é enfrontar as desigualdades en cada país, en cada Estado, que levan á inmigración. E isto ten que ver coa educación ambiental, coa mudanza cultural que andamos buscando: dunha cultura competitiva que procura o ben material individual para unha cultura de solidariedade, de cooperación e de coidado cunha vida boa".

Forza Arxentina!

15/06/2018

Lembro por riba de todo iso que aquel mundial deixou instalada na miña memoria, e nese lugar do cerebro no que fican as cousas importantes, unha cantiga que inventamos e que non deixamos de cantar durante a noite que, no carro familiar, nos levaron a percorrer as rúas do centro de Bos Aires onde miles de persoas saían "celebrar" un subcampionato do mundo. Un artigo de Ximena González.