
Nuria e Ramón eran dúas vidas paralelas que se cruzaron polo Facebook. Os dous querían ser artistas. Ela é cantante. E canta na rúa, fai bolos en salas de concertos e bares e mesmo acaba de participar nun programa de televisión. El foi actor e quere manterse na profesión que descubriu despois de anos traballando na construción. Buscan un piso, un sitio tranquilo no que descansar despois de andar de sol a sol na rúa.

“As cousas aquí son moito máis difíciles do que eu pensaba”
"Antes das próximas municipais vai haber un espazo de consulta á cidadanía sobre os terreos do litoral", di o concelleiro de Rexeneración Urbana da Coruña, Xiao Varela, un dos fundadores da Marea Atlántica, e confésase incómodo co conflicto coa Insumisa e concede que asumiron o goberno pensando que podían facer moito máis do que pudieron facer.

Como se para unha mina: Xunta vs. Minería de Corcoesto
Máis de catro anos despois, a ameaza segue aí. O pleito entre a Xunta e a empresa Minería de Corcoesto en dúas frontes (no TSXG e nun tribunal de arbitraxe en Panamá) segue aberto e a Administración urxe a que se pronuncien os xuíces na Coruña. Os dereitos sobre a mina caducaron, pero o 'lobby' segue moi activo.

'Dhogs' será película de culto, será referente, será lembrada por moitas cousas... pero tamén será a película que devolveu o Cine ao cine. 'Dhogs' arriscou cunha ruta de exhibición en salas que non subestiman a un público que non esqueceu que o cine é/era/debería seguir sendo todo un ritual.

Produción, distopía e perversión
Esta lóxica patriarcal obvia que o sexo poida darse con empatía (compartir ou xerar un mesmo 'pathos') e está enraizada na perversión. A figura do perverso, moi ben avida coa subxectivación do 'homo aeconomicus', obtén o goce fisurando ao outro, un outro do que a existencia e o poder do amo perverso dependen.

“Poñer no mesmo plano a liberdade de expresión dun fascista e dun antifascista é inxusto”
Pablo Hasel foi condenado a máis de catro anos de prisión en dous xuízos, o último, en marzo deste ano.

“A Xunta aplica cos inmigrantes políticas destinadas a colectivos en situación de exclusión”
'Cos inmigrantes hai un problema básico de desigualdade de dereitos', di Miguel Fernández, un activista que traballa a pé de obra desde hai dúas décadas. O portavoz do Foro Galego da Inmigración advirte que tecido asociativo dos inmigrantes desapareceu, e as formas de axudarse entre eles, mudaron.

Alerta na universidade: O Estado deita a carga nas familias, e non todas poden
Alumnos das universidades da Coruña e Vigo explican como a falta de recursos económicos obrigounos a abandonar os estudos. As taxas de abandono soben cada novo curso -no país case dez puntos entre o 2014 e o 2016, segundo datos do Ministerio-, pero ninguén parece preocupado polas causas.

