adiante

Magacine de intereses galegos.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Cidades a contrapelo

07/05/2018

Mentres que a estatuaria cívica representa homes de todas as pelaxes, de primeira, segunda, terceira filas e mesmo de retagarda ou absolutamente anónimos –até o can do cego ten o seu propio monumento, e xenial que así sexa- só tres ou catro mulleres están acompañadas polo seu nome, apelidos e fazañas, cricas testemuñais da pedra ou do bronce e, ás veces, que estean aí fíxose a regañadentes. Unha María Pita coruñenta obrigatoria, un par de donas Emilias e de Rosalías ciscadas por aí, sedentarias, lánguidas, con atributos mixiriqueiros de flor, pluma, novelita ou arpa, poetisas, que se di con certo puag. Nada de representalas en pé, traballando ou botando a pacer lingua e enxeño con ferramentas que impliquen algo máis que aburguesamento e fasquío.

Campo da Capela, cooperativa agroalimentaria da zona do Eume, que está a punto de cumprir 50 anos.

Campo Capela, reorientando o minifundio

07/05/2018

“Aquí sempre se defendeu a unión cooperativa porque con pequenas explotacións ese é o único camiño para saír adiante. Este pensamento inflúe claramente na nosa traxectoria. Respecto doutras rexións nas que as explotacións teñen máis territorio, en Galiza o cooperativismo segue a loitar co minufundismo”, di Ana Isabel Vence, traballadora desde 1978, xerente e secretaria do consello reitor de Produtores de Campo da Capela S. Coop Galega.

Anxo Carracedo (A Coruña, 1970)

Pacto familiar

03/05/2018

Este sábado tócame ir a Balaídos para honrar un acordo que hai máis ou menos un ano alcancei cos meus curmáns: converter os partidos entre os dous grandes equipos de fútbol galegos nunha ocasión para a reunión familiar. Vémonos pouco, como se os 150 quilómetros que separan A Coruña de Redondela fosen unha distancia sideral, así que calquera desculpa é boa para marcar no calendario unha xuntanza obrigatoria. A falta de vodas, bautizos e comuñóns, que na miña familia escasean ultimamente, ben vale o fútbol.

Baldo Ramos (Celanova, 1971). Poeta e artista plástico.

Pedra e alquitrán

01/05/2018

Sorprende a actualidade dalgúns escritos. Celanova, 1933. O texto que abría o primeiro e único número daquel xornal levará por título “O nacer”. Dicía alí o mozo Celso Emilio: “nistes intres estóricos e in-quedantes, n-istes intres de fondas transformacións, n-os que parés que o goberno da Repúbrica se dispón a trocar á Hespaña federabre n-unha Hespaña federal, é perciso que Galiza amostre o perfil rexo e inconmovibel da súa personalidade, para que non lle sexan negadas unhas liberdades secularmente areladas”.

Medios en galego para o século XXI

30/04/2018

Estoupidos de rabia en forma de geyser das sociedades da era dixital. O traballo autónomo, a nova unidade psicolóxica do ser humano. Son as consecuencias da globalización que pese a todo, tamén abre oportunidades no sector dos medios de comunicación rebeldes. A media é de 24.622 galegofalantes para cada medio en lingua galega. Con esa realidade, os medios en lingua galega enfróntanse ao reto de mellorar a súa coordinación, aproveitar as sinerxías respectando as singularidades e o pluralismo.

Reportaxe de Beti Vázquez sobre a cooperativa Mulleres Colleiteiras na Coruña.

Mulleres Colleiteiras: unha arañeira en lila

29/04/2018

Entre as catro tecen con la unha rede de cor lila. Porque, máis aló de formas xurídicas e de obxectivos numéricos, Mulleres Colleiteiras é un espazo de encontro, unha forma de gañar a vida, un bocadiño de xustiza social que emerxe, coma sempre, desde as marxes.

Diego Lores.

Vigo: Mad Max ou Totoro

28/04/2018

Vivimos con tres crianzas. Supoño que por iso, tamén por estares de aniversario hai uns días, comezo a me preocupar polo futuro. Cavilo sobre como será o Vigo nas seguintes décadas. Matino sobre como afectará o que está a acontecer na cidade nestes anos.

Central das Pontes que Endesa abriu há 42 anos, aproveitando os jazigos de lignito.

Das Pontes a Cerceda: a cara oculta do milagre industrial

28/04/2018

Áreas esquecidas, populaçons deprimidas e generosos políticos que, de braços dados com corporaçons transnacionais, mudam a miséria em fartura e sobem as periférias ao comboio do progresso. Eis a narraçom simplória do milagre das mega-infraestruturas industriais. As Pontes de Garcia Rodrigues nom pode dissociar-se da imagem dumha cheminé colossal de 315 metros de altura que domina o horizonte do interior da comarca.

Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica e Organización Escolar.

“A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclusión”

27/04/2018

Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña, é unha referencia na pedagoxía galega desde hai tres décadas. Leva tempo dando a batalla, cada batalla, no campo da educación para evitar que os poderes públicos e privados convirtan a escola nunha fábrica de mulleres e homes encadeados ao senso común do neoliberalismo que os oprime.