adiante

Semanario galego de información e análise, cunha mirada pausada sobre a actualidade e os asuntos que quedan fóra.

Zhour Boukrou. Refuxiada, vive coa súa familia en Galiza desde o 2016.

O xogo da morte

27/04/2018

Pode que a miña historia non teña interese ou che pareza incríbel. O que conto é verdade; dígocho porque o vivín, vino e está probado. Vivímolo a miña nai, meus tres irmáns e eu. Primeiro foi a guerra civil entre o goberno sirio e o chamado exército sirio libre. E a xente confinada entre as dúas forzas.

Xornalista e comunicadora especializada en acción social, cooperación, xénero e cultura.

Santiago no dodecaedro

25/04/2018

Aquí medrei. Aos poucos, fun descubrindo que os turistas e peregrinos viven o seu propio Santiago e, aínda que se cruzan cos composteláns, están en distintos planos da mesma cidade sen chegaren nunca ou case nunca a tocarse. É curioso que a súa meta, despois de longos percorridos cruzando os mapas, lles ofreza tan pouco que apenas pasen nela un día ou dous.

Laura Oso, profesora titular de socioloxía no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.

Laura Oso: “Somos unha sociedade multicultural que non se está xestionando como tal”

21/04/2018

Laura Oso é socióloga e experta en migracións. Coordina o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais na UDC. “A xente móvese cando hai traballo e móvese cando deixa de habelo. Quen quere emigrar, vaino seguir facendo, haxa fronteiras abertas ou non. Atoparán a forma de saltar o muro”, explica nesta entrevista, que inaugura unha das nosas primeiras TEIMAS na que iremos agrupando pezas baixo o epígrafe 'Os muros migratorios'. Esta entrevista é o capítulo 1.

Jorge Correa, Boro LH, xornalista de La Haine

Xornalista ameazado coa cadea: “Isto é un ataque á liberdade de prensa”

13/04/2018

O próximo luns comezará en Madrid o xuízo a Boro LH, xornalista de 'La Haine', un medio de información na web que leva dezasete anos consolidando un “proxecto de desobediencia informativa, acción directa e revolución social”. Boro está acusado de causar lesións a dous policías cando cubría unha manifestación contra a monarquía en 2014. Outros catro xornalistas presentaron unha denuncia contra a actuación policial durante aquela protesta. O xuízo contra a Policía non chegou a celebrarse, a causa prescribiu. A Boro pídenlle seis anos de cadea.

O 20 de maio celebran en todo o estado español o Día do Orgullo Tolo.

Arte e loucura: prácticas de resistencia fronte a unha sociedade enferma

11/04/2018

Nos últimos anos vense desenvolvendo un movemento activista formado por persoas con diagnóstico psiquiátrico e experiencias de sufrimento psíquico. Teñen referentes a nivel internacional e conectan cós movementos de "vida independente" na diversidade funcional pero tamén cós feminismos ou o movemento LGTB+. O 20 de maio celebran en todo o estado español o Día do Orgullo Tolo e moitas consideran que a expresión artística é unha vía de expresión, empatía radical e ferramenta para a crítica, a denuncia e a inclusión social. Na Coruña, unha exposición inspirada en Samuel Beckett, permitirá reflexionar sobre todo este movemento.

Nour e Zhour dúas irmás sirias que fuxiron da guerra e recomezan a vida en Galiza.

A fuxida de Nour e Zhour

24/03/2018

Nour Boukrou intentou cruzar a fronteira de Europa dúas veces o mesmo día. A primeira collérona os policías marroquís, tivérona tres horas encerrada. “Non vos queren. En Europa non vos queren, dicían”. Nour tiña 18 anos aquel luns. Levaban tres días esperando para cruzar. Ela, a irmá, o irmán maior, a nai e o irmán pequeno. “Todos os sirios queren ir a Alemaña ou a Suecia. Din que alí nos tratan ben. Pero nós estamos ben aquí."

Manifestación en Vigo en apoio a La Insurgencia.

Como organizar a defensa?

19/03/2018

Esculca organiza un foro de activistas no Matadoiro de Compostela para analizar os límites da liberdade de expresión e como nos afecta a represión dos dereitos civís no terceiro aniversario da entrada en vigor da lei mordaza, o mesmo día que en Vigo convocárase unha concentración ás portas do Marco en apoio ao grupo de rap La Insurgencia que tivo que cambiar de escenario.