migracións

Dar e recibir

25/06/2019

Un comentario sobre a integración que precisamos os inmigrantes e sobre as dificultades de asumir un discurso común... mentras o diálogo xa comezou e non vai parar.

migracións, diáspora

Son emigrante, viaxo a ningunha parte

27/07/2018

Un grupo de galegos e de galegas que suman anos de estadía espallados polo mundo, principalmente en Europa, confluíron en Compostela para plantar a semente de ONDA, o Observatorio da nova diáspora galega. Unha iniciativa para observar, visibilizar e servir de punto de encontro da nova emigración.

literatura, ciencia ficción

Migrantes, alieníxenas e mundos futuros

20/07/2018

Dixo Isaac Asimov no seu ensaio 'O electrón é zurdo' que na ficción científica a predición importante non é o automóbil, senón o problema de aparcalo. Se sentamos e agardamos o tempo suficiente, habemos ver que moitas das anticipacións propostas por este xénero rematan por facerse realidade.

Migracións, dereitos, Senegal

Valados

15/07/2018

Pensei tamén que aquela horta cercada se parecía á nosa Europa, ben valada para impedir o acceso dos estraños. Pensei tamén que se cadra non é o estranxeiro a causa de que se levante o valado, senón que é o valado a causa de que eu vexa ao outro como un estraño. Un artigo de Anxo Carracedo.

“Toda a nosa identidade está negada”

03/07/2018

Luz Fandiño agasalla con bonecos de la ás amigas e amigos máis mozos. O salón da casa de Luz está cheo deles. Hai tamén un retrato de Lenin e un cadro sombrío. O cadro, explica Luz, representa unha rolda da Santa Compaña. “Pero repare nel. A morte preñada de vida”.

Luz Fandiño: serventa, poeta, revolucionaria (Parte I)

01/07/2018

"Pase ao meu despacho". O despacho de Luz Fandiño, serventa, poeta, revolucionaria, 86 anos, pelo curto e branco, mirada áxil, falar mastigado como quen pensa unha vez e media e escoita o que di antes de dicilo, aquela moza “ignorante, pero non parva” que marchou a Arxentina fuxindo da fame e do medo, está na cociña dun cuarto piso dunha rúa céntrica de Compostela, a cidade á que regresou pasados os anos.

Eduardo Rodríguez, colaborador na sección OPINIÓNS de adiante.gal

A oportunidade da inmigración

01/07/2018

Na actualidade, as dinámicas demográficas e económicas das nosas sociedades opulentas invítannos a pensar que posiblemente necesitemos da chegada deses migrantes polo ben das nosas vidas.