
Altsasu: as chaves da montaxe policial e a resposta popular
Noite do sábado 15 de outubro do 2016, Altsasu (Nafarroa). Son preto das 5 da mañá, ese día celebráronse as Ferias de Altsasu e a esas horas da madrugada grupos de xente nova e non tan nova alongan a noite nos bares que quedan abertos. Nun deles, o Kotxa, prodúcese unha discusión entre un axente da Guardia Civil, que está acompañado por outro e as súas respectivas parellas, e algúns xoves. Finalmente hai unha pequena agarrada e un dos Guardias chama á Policía Foral que se persoa no lugar.

Dez motivos para non deixar que os eólicos alemáns invadan o Monte da Neve
A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA pon a disposición da veciñanza un modelo de alegacións elaborado con achegas propias e a colaboración de Petón do Lobo e Adega. O prazo remata este martes.

Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
A Comunidade de Montes de Man Común lanza unha iniciativa para diversificar as fórmulas de protección do territorio... e da lingua.

O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
'La Voz de Galicia' difunde un vídeo dun presunto debate sobre a avalancha de proxectos eólicos, "debate promovido por EDPR España", no que se reforza o discurso das corporacións enerxéticas sobre as bondades das centrais eólicas coa colaboración de representantes políticos e universitarios para lle dar ao formato un ton de obxectividade xornalística e científica.

Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Durante a concentración, os activistas exhibiron mostras de auga contaminada polos efectos da gandaría industrial que producen un grave impacto ambiental, salientando a proliferación de toxinas no encoro das Conchas, convertido no sumidoiro da gandería industrial limiá.

A Rede do Patrimonio pide unha comisión para avaliar cada proxecto eólico
Reclama a publicación do Catálogo de Patrimonio, advirte de que están en tramitación "preto de 200 proxectos eólicos no territorio galego" e considera que "é previsible a irreversibilidade de moitas das accións que se acometan".

A fonte-símbolo: o Xurés non quere eólicos
A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova denuncia que a pista principal de acceso a un polígono eólico proxectado por Greenalia en Bande esfarelará unha fonte e un bidueiral ao pé da N-540 onde o visitante se atopa por vez primeira coas vistas do Val do Limia enmarcado polos picos dos montes do Parque Natural do Xurés.

A lista Monge medra, mais A Coruña nada fai por reparar a memoria
CRMH difundiu onte o manifesto 'Os tempos son chegados' no que se reclama a eliminación das distincións franquistas do rueiro e das institucións democráticas.
