Opinións

O que pensamos en alto.

Os homes xustos

27/05/2018

A historia de África contada polos libros escritos polos brancos non é a mesma historia que contan os negros. É difícil relatar a historia desde calquera subxectividade; de aí as preguntas: Que é a historia? É unha disciplina científica? Eu adoito a mirar a historia desde o punto de vista dos leóns e non desde o dos cazadores, como dicía Chinua Achebe.

Ángel Amaro. Membro da Comisión de Sexodiversidade da asociación cultural A Galleira.

Catro décadas despenalizando a homosexualidade

25/05/2018

A día de hoxe a homosexualidade segue estando ilegalizada en máis de 70 estados. Non fai moito tempo, un 17 de maio de 1990, a Asemblea Xeral da OMS eliminaba a homosexualidade do listado de doenzas mentais. Aínda que no Estado a lei de perigosidade deixou de aplicarse en 1978 nos “casos de homosexualidade” a derrogación virá 20 anos despois da morte de Franco, concretamente un 23 de novembro de 1995. Até esa data pódese dicir que o colectivo LGBT estivo coa espada de Damocles enriba.

Cristofer Gutiérrez Ourense, 1997.

O lume e o esquecemento presentes

22/05/2018

A xente fai o difícil intento de esquecer o doloroso feito e todo segue adiante. Non é só Noceda, é a comarca dos Ancares en si mesma. Unha zona sosegada, na que a maioría das persoas coñécense, axudámonos a todo, un sitio limpo e fermoso. Penso que calquera que veña vivir aquí unhas semanas querería ficar. E iso que desde o lume perdeu un chico de cor.

Licenciado en Filosofía e diplomado en Educación Básica (mestre) pola Universidade de Santiago. Gonzalo Trasbach.

Mitos e pantasmas en Manhattan

20/05/2018

Os rañaceos son, case todos, realmente fermosos. Ardía a tarde de nostalxia cando íamos camiño do aeroporto. Froallaba. Miras atrás e recontas. Os teus mitos son fantasmas esquecidos, reliquias daqueles anos sementados de cascallos. Andy Warhol sorrí, mentras o seu sedento cámara, Gerard Malanga, grava o po salvaxe entre Leonard Cohen e Janis Joplin na escaleira de incendios do Chelsea Hotel.

Eduardo Rodríguez, colaborador na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Memoria Histórica, nin está nin se lle espera

17/05/2018

Nunha visión máis sosegada da lei, dez anos despois da súa entrada en vigor, fai que botemos en falta no seu articulado pontes que unan a memoria histórica co currículo escolar. Co apoio dos familiares das vítimas e das propias vítimas que aínda quedan como fontes históricas de primeira man (que inevitablemente co paso dos anos desaparecerán), é imprescindible que a memoria histórica empape as nosas escolas e institutos.

Rebeca Baceiredo, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Sentenzas, resistencia activa e soberanía

13/05/2018

A sentenza do caso de La Manada explícannos que, para que o abuso sexa agresión, debe haber intimidación. Non valeu o medo a non poder fuxir, de momento, como proba de intimidación. E non existe conciencia de facer mal porque forzar a unha muller non está mal. Esa é a cultura na que sobrevivimos.

Ernesto Vázquez Souza. Licenciado em Filologia Hispânica (Galego-Português)

Bursário de figuras para educação de príncipes celtas

13/05/2018

Parece ser norma e costume entre as nações celtas expulsar, não os mais belicosos, violentos, arriscados, revoltosos e selvagens dos seus filhos, quanto os que se assinalam, por diversa causa como conflituosos e destemidos (quer dizer, os subversivos para com essa delicada paz social consagrada em imobilismo e normalmente equivalente a dominação dos poucos sobre os muitos) e largá-los mundo adiante, em bandas, ou individualmente, a se desbravar, fazer experientes e aprender paciência.

Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981.

Breve bitácora urbana

10/05/2018

O informal da rúa. Do pensamento vivo. Das preguntas sen resposta. Mudou nunha oportunidade electoral, que non política, para o desprazamento "dos de sempre" por esa especie de novidade de mercado electoral que se demostrou, segundo a cidade, escasa e claramente herdeira das formas, vicios e conductas políticas formadas no azar dos tempos.

Bletxu Valeiras, secretario de Esculca e activista

Limitar a liberdade de expresión?

08/05/2018

A loita dos demócratas non debería consistir en reclamarlle ao Estado que actúe contra aqueles que pensen distinto. No canto de gastar forzas en pedir que se actúe sobre o proceder dos demais, existen dúas razóns básicas para adicarnos a esixir a derrogación dos artigos do código penal que tratan de pecharnos as bocas: 1. coherencia ideolóxica, e 2. utilidade práctica.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Cidades a contrapelo

07/05/2018

Mentres que a estatuaria cívica representa homes de todas as pelaxes, de primeira, segunda, terceira filas e mesmo de retagarda ou absolutamente anónimos –até o can do cego ten o seu propio monumento, e xenial que así sexa- só tres ou catro mulleres están acompañadas polo seu nome, apelidos e fazañas, cricas testemuñais da pedra ou do bronce e, ás veces, que estean aí fíxose a regañadentes. Unha María Pita coruñenta obrigatoria, un par de donas Emilias e de Rosalías ciscadas por aí, sedentarias, lánguidas, con atributos mixiriqueiros de flor, pluma, novelita ou arpa, poetisas, que se di con certo puag. Nada de representalas en pé, traballando ou botando a pacer lingua e enxeño con ferramentas que impliquen algo máis que aburguesamento e fasquío.