adiante

Magacine de intereses galegos.

Reportaxe sobre sanidade pública. Enfermeiras.

Deserción da xerencia; autoorganización das enfermeiras

10/07/2018

O persoal da sanidade pública galega ten que organizarse por conta propia e botar horas extra para atender as demandas das e dos pacientes mentres os xestores miran para outro lado. O persoal mingua; mentres a demanda é cada vez máis intensa polo avellentamento da poboación. Inevitabelmente, a calidade da atención baixa. E ese é o argumento utilizado polos xestores para avanzar no asalto privatizador á sanidade pública.

“Coida de ti” (Meriam, II)

08/07/2018

Segunda entrega da historia de Meriam. Do que vivíu en Siria antes de fuxir e de como lembra o que alí sucedeu e sucede. Nota da autora: esta historia está baseada en feitos que sucederon realmente.

Crítica ensaio

Nas esquinas perdidas e deprimidas das periferias

05/07/2018

Festa do pensamento con acento galego en ‘Ética del desorden’. Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) fai tremer os alicerces do armazón filosófico académico. E pon en cuestión de xeito radical os nomes máis representativos que o sosteñen.

“Queremos axudar a construír un espazo galego de comunicación”

04/07/2018

"Non queremos ser o centro, senón construírmos entre todos ese espazo galego de comunicación que agora mesmo no caso do papel non existe", di Xoán Costa, presidente de 'Sermos Galiza', promotor de 'Sermos O Diario Galego', que anda presentando estes meses por todo o país co obxectivo de sumar, antes de final de xullo, 3.000 subscricións ao proxecto dun xornal galego en papel.

Nicaragua baixo o terror do comandante Ortega

03/07/2018

As cifras do informe da Comisión Iberoamericana de Derechos Humanos están actualizadas a 25 de xuño: 285 mortos; máis de 1.500 feridos; 156 desaparecidos; 72 detidos… “Até o momento non hai unha fonte que brinde os datos exactos da cantas persoas hai feridas e falecidas nas diferentes protestas cívicas a partir do xoves 19 de abril”, sinala o escrito. Sesenta e seis días de horror.

“Toda a nosa identidade está negada”

03/07/2018

Luz Fandiño agasalla con bonecos de la ás amigas e amigos máis mozos. O salón da casa de Luz está cheo deles. Hai tamén un retrato de Lenin e un cadro sombrío. O cadro, explica Luz, representa unha rolda da Santa Compaña. “Pero repare nel. A morte preñada de vida”.