
Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)
As máscaras. O engano. O veleno nas mans de quen chega para arrincar os metais metendo os dedos por baixo da nosa pel e turra. Os camións a pisotear o resto. O roubo, o espolio, a precariedade e o engano; as botas da morte na nosa cara. Canto tardan en sandar as feridas dunha guerra?

Como se para unha mina: Corcoesto
Fina Pose e Paco García, que estiveron na primeira liña da defensa veciñal en Corcoesto, contan como conseguiron parar a mina. Foi hai cinco anos, despois de dous anos de loita. Para o domingo anúnciase unha protesta masiva en Compostela. Desta volta a ameaza pende sobre Touro e O Pino, pero os contendentes son os mesmos: dun lado unha empresa, doutro, as veciñas e veciños.

Na auga de Ferrol mandan os cartos (e paga a veciñanza)
A empresa que comparte co concello a xestión da depuradora vén de conseguir que un xuíz lle dea a razón na reclamación de cantidades atrasadas por un servizo que non funcionaba, malia que non funcionaba. A veciñanza vese obrigada a pagar unha taxa onerosa, mentres o goberno municipal admite que ten as mans atadas.

Tecendo resistencias nun medio hostil
O termo “procrastinar” soame igual que coaching, zona de confort, emprender, mindfulness… é dicir, ... Ler máis

Joan Vila: “O xornalismo debe ser un dereito social, mesmo como o dereito á vivenda”
“En realidade o xornalismo independente non existe, porque ao final rematas dependendo de alguén”. O que buscaban, e seguen nela, é depender “da xente, da cidadanía”, explica Joan Vila, un dos tres fundadores de Crític, un medio catalán de xornalismo lento que se sostén con publicidade e as achegas dunhas 1.600 subscritoras e subscritores. "Os xornalistas debemos traballar en Internet da man da sociedade, buscando o contacto coas lectoras e lectores", di.

Procurando a reaçom no tempo de desconto
Em 2018, com registos de quecimento climático inauditos e com o sobardamento do pico do petróleo reconhecido mesmo pola Agência Mundial da Energia, a comunidade científica fala de ponto de nom retorno de consequências imprevisíveis. Entre o autismo dos mais e o activismo duns poucos, também a Galiza tem que afrontar um cámbio de época que traerá enormes desafios.

Debo confesar á miña nai e ó meu pai que son poeta?
CONSULTORIO LITERARIO. Minia Remorenda e Pinga Lazurca dan resposta ó drama que nos confesa un amigo descoñecido que oculta o seu verdadeiro nome, e ben que fai, baixo o alcume poeta pasivo na súa primeira entrega deste consultorio. Minia Remorenda e Pinga Lazurca son os pseudónimos baixo os que escriben esta sección dúas autoras de referencia das nosas letras. Mulleres de éxito absoluto, empoderadas ata as cellas na literatura e na vida.

“O interese xeral afecta a todos, entón, por que excluír aos ocupantes da Insumisa?”
"O uso cívico non pode converterse nun instrumento en mans dunha administración co fin de separar as boas ocupacións das malas", advirte Giuseppe Micciarelli, activista italiano e experto en dereito que nos días do despexo da Insumisa estivo na Coruña, convidado pola Marea Atlántica a un acto que finalmente non se celebrou, e que tivo ocasión de reunirse tanto co goberno municipal como coas ocupas da Insumisa.

