Pena de morte encuberta no Reino de España?

Bletxu Valeiras

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

É ben coñecido o costume de utilizar as execucións masivas durante a guerra civil posterior ao golpe militar en España e durante a ditadura. Durante o réxime feixista, tamén foron menú habitual as condenas a pena de norte e a execución das mesmas. E cando máis tarde que cedo chegou a tan ansiada democracia ao Reino de España, desapareceu (aparentemente) a pena de morte.

Sen embargo algúns casos dos últimos 40 anos parecen sinalar que hai veces que esa pena de morte continúa a levarse a cabo polas forzas de seguridade. Podemos observar esta práctica en dúas perspectivas. A primeira é en casos individuais, como os seguintes exemplos:

No 1977 Vicente Basanta, albanel en desemprego, foi asasinado con tres tiros nas costas mentres fuxía dun Policía Armado que pretendía detelo por facer unha pintada nun muro de Zaragoza. O policía nunca foi xulgado.

No 2002 Moisés, un aragonés buscado por delitos menores, esperárono (a policía) na casa da nai e recibiu accidentalmente un disparo xusto no corazón. A investigación deu como conclusión definitiva a do tráxico accidente.

No noso país lembramos a morte en 2015 de Javier Fernández, batería de Los Piratas, quen foi morto por un disparo dun axente mentres -segundo a versión do policía- por causa dun brote psicótico ameazaba cun garfo de cociña outro policía. A familia insiste en que non houbo agresión previa algunha, aínda que si momentos de tensión debido á enfermidade de Javier. O policía, que alegou no xuízo a súa falta de puntería coa pistola debido a falta de preparación, foi absolto. Sobre este caso entrevistaran na Cadena Ser de Pontevedra un representante policial, quen explicou que a policía galega non é como “a das películas americanas. Non son Clint Eastwood e non teñen boa puntería”. Non entanto a pesar de carecer de puntería, van armados polas nosas rúas.

Estes son exemplos que poderíamos considerar casuais, non preparados polas forzas de seguridade, mais indican claramente que a vida do suposto delincuente, non vale nada.

A segunda perspectiva viría doutros casos diferentes. Son as execucións aparentemente extraxudiciais normativizadas que se están dando ultimamente en Europa e sinaladamente no Reino de España. Cabe lembrar neste punto a que historicamente podería ser das primeiras execucións levadas a cabo pola policía española (obviamos neste artigo por “non oficiais” os grupos parapoliciais como o Batallón Vasco Español ou o GAL). En 1984 policías adscritos aos GEO cribaron a tiros catro mozos pola súa suposta pertenza aso Comandos Autónomos Anticapitalistas após unha emboscada na baía de Pasaia, cando estes mozos se achegaban a porto nunha barca. Esta acción foi lembrada na letra dunha canción de Barricada: «Detrás del uniforme queda el anonimato/en el cuartel un brindis/esta vez fueron cuatro». 

Despois dos atentados de Barcelona e Cambrils, as detencións dos implicados que ían armados con coitelos precisaron, segundo información dos medios, dun total de 106 disparos. O autor do atropelo en Barcelona, foi localizado ao día seguinte e abatido con seis disparos.

Mais o que nos preocupa nestes días son as execucións extraxudiciais que se están levando a cabo en Europa e no Reino de España (nomeadamente a mans dos Mossos d’esquadra) contra supostos (por non ter sido xulgados) terroristas xihadistas. Despois dos atentados de Barcelona e Cambrils, as detencións dos implicados que ían armados con coitelos precisaron, segundo información dos medios, dun total de 106 disparos. O autor do atropelo en Barcelona, foi localizado ao día seguinte e abatido con seis disparos. Entre os abatidos a noite anterior en Cambrils, Omar Hichami recibiu oito tiros, e o resto entre dous e tres. Este procedemento é semellante ao levado a cabo nos atentados de Gran Bretaña, Francia, Bélxica, Alemaña…

Aparentemente as ordes son tirar a matar. Resulta sospeitoso que nos casos dos atentados contra mesquitas en Canadá (seis musulmáns mortos) ou Londres (un musulmán morto), os supostos terroristas fosen detidos sen violencia.

O convencemento de que a actuación policial vai ser letal é tal, que Abdelouahab Taib, un musulmán con desexo de suicidarse, optou por acudir armado cun coitelo á comisaría dos Mossos d’esquadra de Granollers. E non fallou. A pesar de ter o obxectivo a curta distancia, a axente dos Mossos só puido acertar na cabeza nun dos seus disparos. Repítese o caso de axente armado sen puntería do que falabamos no caso de Javier, ou simplemente se leva a cabo unha orde de tirar a matar?

Ao meu entender, non é por acaso que nos últimos anos moitas das policías europeas implicadas nestas aparentes execucións extraxudiciais reciban asesoramento das forzas de seguridade campioas mundiais neste tipo de execucións: as de Israel. A principios de 2017, mossos d’esquadra viaxaron a Israel a recibir “material e coñecementos” de axentes do Mossad, tal e como informou o diario La Razón.

Se esta situación en si mesma é altamente preocupante, máis preocupante é o silencio da cidadanía, dos representantes políticos e dos medios de comunicación. O tan galego ‘algo faría’ funciona á perfección nestes casos. Tanto nos dos delincuentes locais como no dos xihadistas. Salvo as CUP, que denunciaron estas execucións extraxudiciais (e a denuncia posterior contra a concelleira desta formación en Barcelona, María Rovira, por falar claro foi arquivada), e algún caso individual, ninguén chiou sobre o asunto. Debater sobre este tema nos medios de comunicación é unha quimera, e mencionalo nas rúas pode converternos en filocriminais. E no entanto, seguimos pensando que o obxectivo dunhas forzas de seguridade democráticas debería ser levar os supostos delincuentes ante a xustiza.

Ourense, 21 de setembro.

Bletxu Valeiras

Bletxu Valeiras

Ourense, 1971. Secretario de Esculca - Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, e activista. Ex traballador de banca.

EcCULcA
Porta, cárcere.

Presunción de inocencia, especie en extinción?

O autor advirte contra o linchamento mediático e social antes de xuízo das persoas imputadas, pero tamén contra o abuso das medidas cautelares segundo que casos (as presas políticas catalás) ou a súa relaxación noutros casos (La Manada).

Bletxu Valeiras, secretario de Esculca e activista

Limitar a liberdade de expresión?

A loita dos demócratas non debería consistir en reclamarlle ao Estado que actúe contra aqueles que pensen distinto. No canto de gastar forzas en pedir que se actúe sobre o proceder dos demais, existen dúas razóns básicas para adicarnos a esixir a derrogación dos artigos do código penal que tratan de pecharnos as bocas: 1. coherencia ideolóxica, e 2. utilidade práctica.

Deixe um comentário

Deixe um comentário