
Política para afrontar o reto catalán
ANÁLISE | Por Carmen Arango. Chegou o desxeo á relación institucional do Estado con Catalunya da man dun PSOE necesitado dos apoios do PDeCat e ERC que tamén precisan abrir vías. Mais o taboleiro móvese rápido e o fortalecemento da posición de Puigdemont xera novas incertezas.

Non é fácil aceptar a realidade. As mozas e mozos non topan incentivos para quedarse e o comercio e a restauración ven que innovar significa ter que pechalo negocio. Só o que era coma antes, coma nos bos tempos, triunfa. Ferrol non é Detroit, está dito, pero Ferrol e Detroit gardan una estreita e melancólica relación de urbes que co paso do tempo mudaron de diamante a peza de carbón.

Son emigrante, viaxo a ningunha parte
Un grupo de galegos e de galegas que suman anos de estadía espallados polo mundo, principalmente en Europa, confluíron en Compostela para plantar a semente de ONDA, o Observatorio da nova diáspora galega. Unha iniciativa para observar, visibilizar e servir de punto de encontro da nova emigración.

Todos os anos os mesmos ritos, nas mesmas rúas, no mesmo lugar. Todos os anos as mesmas discusións simbólicas sobre a manifestación unitaria, autodeterminación, soberanía e un longo etcétera pola loita de probar quen é "o mais galego". E nos últimos tempos agroma unha especie de oportunismo metafórico.

Moeda, Terra e xustiza social post capitalista
En Galiza, un centenar de familias basean unha parte da súa economía no FairCoin, unha moeda electrónica descentralizada. As transaccións, a diferenza de Bitcoin, son practicamente gratuítas e lévanse a efecto de maneira inmediata. Aínda que é unha moeda completamente libre, hai unha gran comunidade de activistas en todo o mundo que a utilizan como ferramenta para tentar construír un sistema económico máis xusto. Bitcoin é basicamente un produto especulativo.

Quem quiser pontificar que faça as pontes
Dentre as histórias e figuras que temos na bolsa e que o conhecimento e a experiência (adquirida em boa proporção tanto à base de paus como de leituras), destacamos hoje a história com a miga do dito famoso de Bendigeit Bran, filho de Ler, rei da Ilha Grande da Bretanha num dos tempos remotos em que o Gales era o centro desse brumoso mundo atlântico, em que a divisão entre os seus, e a guerra com os parentes era a mesma, marcante continuidade e final ruína de todas as casas.

Por unha oposición por construír
ANÁLISE | O PSdeG-PSOE reconstrúese, o PP reconstrúese, a oposición tense que reconstruír. Empezando por abaixo. Por unha banda, a defensa do territorio comeza a artellar realidades e loitas locais en confluencias e mobilizacións nacionais. Pola outra, no espazo do social agroma unha rede que tecen os movementos en torno a cuestións como a reivindicación feminista, as loitas polo acceso aos recursos básicos para a vida ou de defensa do dereito a vivir dignamente.


