adiante

Magacine de intereses galegos.

xubilados, pensións

Por unha oposición por construír

24/07/2018

ANÁLISE | O PSdeG-PSOE reconstrúese, o PP reconstrúese, a oposición tense que reconstruír. Empezando por abaixo. Por unha banda, a defensa do territorio comeza a artellar realidades e loitas locais en confluencias e mobilizacións nacionais. Pola outra, no espazo do social agroma unha rede que tecen os movementos en torno a cuestións como a reivindicación feminista, as loitas polo acceso aos recursos básicos para a vida ou de defensa do dereito a vivir dignamente.

simboloxía, franquismo, Vigo, memoria

Memoria imposta: a cruz do Castro en Vigo

22/07/2018

Unha gran cruz de 12 metros presidía unha vasta planicie na que agora está a Casa Consistorial. Retiráronse a maior parte dos atributos da composición orixinal, pero o gran símbolo non. O alcalde segue negando que se trate dun monumento franquista.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

A literatura e os sete pecados capitais

22/07/2018

Mais o pecado que nos define se non entramos neste círculo de pracer, aquel pecado que non limita con nós senón que nos reboza (porque o primeiro exercicio para a casa en primeiro de poeta é facer a croqueta sobre os éxitos do resto da xente) é...

Para unha metafísica animal do maltrato humano

21/07/2018

Un suceso: a desaparición dun ancián no concello coruñés do Pino, desencadea esta reflexión do autor sobre o noso tempo e a actitude vital dun animal reconciliado coa traxicomedia de vivir, mais refractario "á depilación total".

literatura, ciencia ficción

Migrantes, alieníxenas e mundos futuros

20/07/2018

Dixo Isaac Asimov no seu ensaio 'O electrón é zurdo' que na ficción científica a predición importante non é o automóbil, senón o problema de aparcalo. Se sentamos e agardamos o tempo suficiente, habemos ver que moitas das anticipacións propostas por este xénero rematan por facerse realidade.

“Quen muda o mundo son as mulleres”

18/07/2018

Xeracción é unha empresa de intervención sociocomunitaria que naceu en Ourense dun curso de emprendemento para desempregadas. O curso ensinoulles dúas cousas: a emprender unha aventura en común e a rexeitar o emprendemento que a sociedade promove como modelo de éxito social. Non é unha contradición.

Memoria histórica, simboloxía.

Memoria indecisa: cruces franquistas de quita e pon

18/07/2018

Coirós retira unha cruz aos caídos, mais xa pensa onde recolocala “sen a placa”. En Irixoa renovaron a placa, pero mantiveron a cruz que “nada ten que ver co franquismo”. “Non vexo que haxa conciencia real de que isto sexa necesario. No PP non o vexo”, reflexiona unha concelleira nacionalista.