adiante

Magacine de intereses galegos.

Lumumba e as forzas da historia

17/07/2018

Lumumba aínda non cumprira os 35 anos cando Bélxica declarou precipitadamente a independencia do Congo en 1960, unha manobra para intentar controlar o proceso. O Movemento Nacional Congoleño, liderado por Lumumba, gañou as eleccións, pero o acordo foi situar na presidencia a Joseph Kasavubu, do Abako, o partido dos Bakongo. Lumumba foi nomeado primeiro ministro e realizou un discurso moi duro contra a etapa da colonización belga en presencia Leopoldo II.

“Esperamos que o Parlamento galego cree tamén unha comisión do Alvia”

17/07/2018

Javier García, portavoz da Plataforma de Vítimas do Alvia, di que teñen en fronte a 40.000 millóns de inversións de Adif nos últimos anos e aos dous grandes partidos. "Resulta que estamos loitando contra o Estado, contra empresas públicas que se financian cos orzamentos do Estado e teñen os seus propio bufetes e por riba contratan outros… ou contra avogada do Estado, que é algo que non me entra na cabeza, que en vez de defender ás vítimas, defende os intereses de Adif."

O 17 é día de Carvalho Calero. Hoxe: “A primeira descuberta”

16/07/2018

Bernardo Máiz abre a serie de historias que o día 17 (excepto en maio, por respecto) homenaxearán á figura de Ramón Carvalho Calero, que se resiste a ser celebrada en círculos institucionais. A peza de Máiz anima a lembrar ao 'primeiro' Carvalho, un mozo de 18 anos que comezaba a expresarse en castelán. Eran os tempos da ditadura de Primo de Rivera.

Semente, lingua, ensino.

Sementes para a recuperaçom comunitária do galego

16/07/2018

É possível educar totalmente em galego no ensino infantil, fazê-lo desde valores de solidariedade e respeito polo meio, e soster a aposta numha rede associativa voluntária e militante. Eis a proposta de Semente.

Migracións, dereitos, Senegal

Valados

15/07/2018

Pensei tamén que aquela horta cercada se parecía á nosa Europa, ben valada para impedir o acceso dos estraños. Pensei tamén que se cadra non é o estranxeiro a causa de que se levante o valado, senón que é o valado a causa de que eu vexa ao outro como un estraño. Un artigo de Anxo Carracedo.

As empresas fronteira saúdan a nova lei de contratos públicos

13/07/2018

O Foro pola Economía Social Galega pide ás Administracións que aproveiten á porta que abre a norma ás cláusulas sociais e aos mercados reservados. Portavoces das principais asociacións valoran as potencialidades do articulado e piden participar do seu desenvolvemento normativo.

Mañá sol e bo tempo? Contexto e axendas da saúde mental

11/07/2018

Esta é unha exposición dos recentes movementos no panorama da saúde mental en todo o Estado, unha tentativa de aproximación a posíbeis escenarios futuros. As liñas seguidas por unha parte do activismo, sendo perfectamente lexítimas e necesarias, poden non ser as que precisen máis pulo.

Porta, cárcere.

Presunción de inocencia, especie en extinción?

10/07/2018

O autor advirte contra o linchamento mediático e social antes de xuízo das persoas imputadas, pero tamén contra o abuso das medidas cautelares segundo que casos (as presas políticas catalás) ou a súa relaxación noutros casos (La Manada).