Neofascismo e pinkwashing: o monstro reaprópiase do arco da vella

Ángel Amaro

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Cando a esquerda europea que aspira a ser rupturista aparca as bandeiras anti-Euro, anti-UE e anti-OTAN é cuestión de tempo co fascismo aproveite eses ocos de covardía política e indefinición consciente para furar sen parar até acadar a hexemonía social e institucional. No vello continente o nazifascismo do século XXI fai tempo que nos ven lanzando unha ofensiva en forma de cruzada que nos anega con novas metodoloxías, propaganda mellorada e técnicas perfeccionadas. Enfrontámonos a un ataque multinivel que avanza en diversas frontes e que se amosa en forma de Hydra. En que cabeza focalizar as forzas? Que pescozo cortar primeiro? Como frear á Besta que nos asfixia con ducias de cabezas? O neofascismo é un proxecto ultraliberal, populista e pseudo antiestablishment que se basea na xenofobia, na concentración de capital, na socialización da miseria, na apoloxía do familiarismo e na erradicación do laicismo. A pouco que se investigue decatarémonos de que o neofascismo nunca se foi porque sempre estivo entre nós, máis ou menos visíbel, con máis ou menos intensidade.

Ante a crise do proxecto europeísta de “integración perfecta e prosperidade” e ante a desaparición dun discurso de clase no bloque da esquerda tradicional a frustración non parou de medrar entre as capas populares. Esta situación é aproveitada pola Hydra nazifascista que non parou de medrar e de incrementar os seus envites contra os dereitos das minorías étnicas, das persoas LGBT, das mulleres, das migrantes e da clase traballadora. O fascismo do século XXI -de xeito oportunista e sádico- ofrece “un proxecto de paz, seguridade e benestar” ante as consecuencias da globalización e as incertezas dun modelo económico cada volta máis agresivo.

Para lograr ser un proxecto sedutor o neofascismo perfecciona unha serie de políticas esteticistas co propósito de maquillar os seus obxectivos tácticos e estratéxicos. En definitiva, ser atractivos para a clase traballadora que historicamente ven esperando respostas dende a esquerda. Claro exemplo destas políticas de lavado de cara é o feito de empregar termos da cosmovisión da esquerda que, previamente neutralizados, son baleiralos de contido: “popular”, “demócratas e libres”, “fronte cívica”, “igualdade”, “plataforma cidadán”, etc. Dentro desta política de lavado de cara que emprega o fascismo capitalista existen tres termos que é preciso ter en conta: purplewashing (empregar elementos do feminismo para lavarlle a cara a proxectos patriarcais), greenwashing (empregar elementos do ecoloxismo social para lavarlle a cara a proxectos ecocidas) e pinkwashing (empregar elementos do movemento LGBTIQ para lavarlle a cara a proxectos sexo-diverso-fóbicos).

“O neofascismo é un proxecto ultraliberal, populista e pseudo ‘antiestablishment’ que se basea na xenofobia, na concentración de capital, na socialización da miseria, na apoloxía do familiarismo e na erradicación do laicismo.”

Dentro desta política de lavado de cara existen: o ‘purplewashing’ (empregar elementos do feminismo para lavarlle a cara a proxectos patriarcais), o ‘greenwashing’ (empregar elementos do ecoloxismo social para lavarlle a cara a proxectos ecocidas) e o ‘pinkwashing’ (empregar elementos do movemento LGBTIQ para lavarlle a cara a proxectos sexo-diverso-fóbicos).

E quen é un gran mestre no emprego do pinkwashing? O Estado de Israel, por suposto. A vitoria da cantante trans Dana Internacional no Festival de Eurovisión de 1998 catapultou a Israel como o paraíso gaifriendly a imitar e exportar. A partires dos 90 o sionismo entendeu que lle era moi eficaz a bandeira do arco da vella para agochar o xenocidio palestino e desviar as nosas miradas dun campo de concentración a ceo aberto único no mundo. Deste xeito a propaganda sionista é capaz de enfocar as carrozas do Pride de Tel Aviv para que os medios de comunicación non retransmitan os bombardeos sobre Gaza.

Fascismo e pinkwashing xa son dúas caras da mesma moeda. Cómpre non esquecer que por moito que o neofascismo se adorne de cores o proxecto político que encarna odia profundamente a liberación sexual, o transfeminismo e os postulados básicos do movemento sexodiverso. Mais parece ser que iso non impide que os seus dirixentes tenten pór en marcha un pinkwashing sucio, necio e mentireiro. Finalidade? Agochar a LGBTfobia máis recalcitrante para gañar eleccións, consolidar novas maiorías e mellorar a reputación do proxecto político no escenario internacional. Neste sentido o pinkwashing pon en práctica miles de artimañas banais e superficiais de lavado de cara. Exemplo disto é o recente encontro que, de cara á segunda volta nas eleccións de Brasil, tivo o ultradereitista Jair Bolsonaro co maquillador gai Lili Ferraz.

Compre non esquecer que por moito que o neofascismo se adorne de cores o proxecto político que encarna odia profundamente a liberación sexual, o transfeminismo e os postulados básicos do movemento sexodiverso.

Dende os anos 80 foise intensificando a visibilización de persoas LGBT nas cúpulas de organizacións nazifascistas. Non como consecuencia de asumir a axenda LGBT, senón por aspirar a ampliar a base electoral. Exemplo disto é o caso da ultradereita holandesa colocando de candidato ao gai Pim Fortuyn no 2002 ou o caso da ultradereita austríaca poñendo de cabeza de lista ao gai Jörg Haider no 2006. Este fenómeno non é algo puntual xa que é unha constante no panorama actual. A día de hoxe a lesbiana Alice Weidel é deputada no Bundestag polo partido Alternativa para Alemania (AfD). Non só iso, ademais é a portavoz do grupo parlamentario. Logo temos o famosísimo caso de Florian Philippot, referente gai da ultradereita francesa que até fai nada estivo de número dous con Marine Le Pen na Fronte Nacional.

E por que o neofascismo vai sendo cada volta máis atractivo para moitas persoas LGBT? Basicamente porque a maquinaria da ultradereita pon o foco no Islam como orixe de toda a LGBTfobia. Deste xeito desenfocan unha análise obxectiva da realidade antropolóxica e subliñan que “son as refuxiadas as que traen a LGBTfobia de culturas non europeas que nunca lograrán integrarse nun proxecto occidental amábel, dende sempre, coa diversidade sexual”. Crean o chivo expiatorio máis alá das fronteiras, indican que só a ultradereita será quen de frear esa LGBTfobia importada e manipulan a historia negando o Holocausto LGBT dos anos 30-40 en Europa. Queren enfrontarnos coas migrantes e refuxiadas porque “estannos invadindo con LGBTfobia externa”. Ficaremos caladas namentres rouban as nosas cores para engalanar o seu odio? Ficaremos caladas namentres nos seguen negando que o fascismo é LGBTfobia e que son os nazifascistas os que mallan en nós?

Non pasarán!

Ourense, 22 de outubro.

Ángel Amaro

Ángel Amaro

Licenciado en Socioloxía e coeducador. Activista marica e xestor do blogue Diáspora Cuir. Amante do rural e da soberanía alimentaria. Membro da asociación cultural A Galleira.

https://www.facebook.com/diaspora.cuir/

Diáspora Cuir

Deixe um comentário

Deixe um comentário