Sexo con afectos

Erea Blanco

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Nestes meses deuse un debate no epicentro do feminismo sobre como vivimos e entendemos as relacións sexuais. Tratouse a sexualidade como un tema que non só inclúe o contacto físico senón tamén un vínculo afectivo, entendendo que o sexo sen afectividade é un rol empoderante promovido polo sistema que pretende facernos libres obviando unha parte das relacións sexuais. Isto afecta especialmente ás mulleres, ás que se lles vende unha falsa liberdade e empoderamento nas súas vivencias sexuais que pasan por renunciar á afectividade.

Coido que no seo deste debate, se obvia unha parte da sexualidade, que pasa polo autocoñecemento e a saúde sexual. Penso que moitas de nós sabemos máis ben pouco sobre este tema, xa que a formación pasa a ser responsabilidade nosa.

Temos que rachar co ideario no que o sexo é igual a coito. Temos que definir o sexo en todos os seus ámbitos, pasando polos bicos, caricias, masturbación, oral, vaxinal, anal… Acabar cos estereotipos sexuais que se nos inducen desde a pornografía e desde a televisión. Coñecernos a nós mesmas, coñecer os nos xenitais e saber como funcionan, os límites que temos e o seu coidado. Temos que coñecernos, mais tamén temos que saber cales son os riscos que van incluídos nas relacións sexuais. Temos que saber que un preservativo non é unha garantía nin unha peza fundamental na sexualidade. A maior parte das prácticas sexuais son sen preservativo e nelas tamén hai riscos.

“Temos que definir o sexo en todos os seus ámbitos, pasando polos bicos, caricias, masturbación, oral, vaxinal, anal… Acabar cos estereotipos sexuais que se nos inducen desde a pornografía e desde a televisión”.

Debemos entender que nin o preservativo nin o DIU nin a pílula son garantes de saúde sexual. Os anticonceptivos están creados para iso, para impedir a concepción, mais iso non garante non ter nunca unha ETS, nin fungos, nin cistite… Temos que coidar os nosos xenitais, mantelos limpos, ter coidado de verdade nas prácticas sexuais. Pode parecer unha parvada, mais unha grande parte dos fungos, das cistites e das ETS veñen por unha mala práctica fóra do coito.

O VIH é un tema tabú para a sociedade, seguimos obviando a posibilidade de contraelo e/ou acreditando que este contaxio é máis probábel nunha relación homosexual. Non ten sentido desmarcarnos do VIH pola nosa sexualidade, non podemos normalizar non facer probas sobre ETS nin as do VIH por moito que pensemos que non é posíbel. É fundamental o autocoñecemento en todos os aspectos, tanto para saber o que nos proporciona pracer como saber o estado da nosa saúde sexual. deixemos de normalizar non facer probas regulares de ETS, non facer citoloxías, non facer análises cunha frecuencia mínima anual, porque os xenitais tamén precisan saúde.

“Non ten sentido desmarcarnos do VIH pola nosa sexualidade, non podemos normalizar non facer probas sobre ETS nin as do VIH por moito que pensemos que non é posíbel”.

Toda a desinformación coa que nos atopamos até anos despois das nosas primeiras relacións sexuais di moito do interese dos gobernos sobre a formación afectiva-sexual. Pasamos toda a adolescencia descoñecéndonos, sentíndonos raras e mal, con dores, con sensacións estrañas. E todo iso por non recibir unha educación tan básica, por non investir en saúde sexual. Adolescentes e mozas máis maiores que nun atraso menstrual non saben onde acudir, centros Quérote+ sen información, un goberno galego case sen campañas pola saúde sexual… Todo isto só provoca máis relacións sexuais inseguras e menos control.

Aprendamos a coñecernos a nós mesmas, reclamemos información nos nosos centros (tanto de estudo como de traballo) sobre saúde sexual, esixamos probas médicas, investiguemos e formémonos porque agora mesmo só nos temos a nós para coñecernos. Manteñamos relacións seguras e socialicemos todo o que coñezamos sobre saúde sexual para axudarmos a que nalgún momento a práctica insegura pase a segura. Para que saúde sexual sexa algo natural nas nosas vidas, e aprendamos tamén que a afectividade é un piar fundamental nas relacións.

Ourense, 2 de novembro.

Erea Blanco

Erea Blanco

Ourense, 1996. Estudante na Facultade de Filoloxía da UDC. Militante de Isca! e activista da Marcha Mundial das Mulleres.

Deixe um comentário

Deixe um comentário