Unha alianza letal para o dereito á vivenda
O caso da Patiña, en Cambre, mostra os efectos dun mercado inmobiliario en mans de fondos voitre e das novas tácticas da banca, que usa servizos de mediación para evitar os xuízos cando hai resistencia ao desaloxo. Un ano despois de estoupar o conflito, os inquilinos de vivendas de protección oficial que perderon esa protección por un cambio normativo enfróntanse a subas do 50% no prezo do alugueiro. Non poden pagar.