Agromará unha nova política? Onde?

Umha crise feita de muitas crises (6)

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Coletivo Amanhecer, Novas da Galiza | xuño 2020.  A pregunta era pola desafección. “As democracias liberais xestionan unha parte de desafección, pero teñen problemas se medra de máis”, responde o ensaísta David Rodríguez (Vigo, 1975). “Medrará se se instala a idea de que o sistema político non resolve os problemas dos cidadáns e estes fican convertidos en espectadores nunha democracia que ten máis de ficción e sobreactuación que de representación real”, considera Carmen Arango (Madrid, 1977), xornalista e politóloga con experiencia en gabinetes de comunicación de grandes partidos.

Discrepa o profesor Miguel Anxo Bastos Boubeta (Vigo, 1967), unha figura de referencia estes últimos anos na Facultade de Políticas de Compostela: “A cuestión da desafección é moi controvertida. Moitos politólogos consideran que en si mesma non é mala. Hai democracias sen hai grandes debates nas que os políticos discuten se facer unha ponte aquí ou alí… temos democracias moi pacíficas, moi estábeis, con taxas de participación moi baixas, o caso de Suíza ou dos Estados Unidos de América. Despois están as democracias con afección política, son sociedades moi tensas, cuns dun lado e os outros, doutro. O problema que poderiamos ter agora aquí é que aumentara a afección”.

“Os datos non son claros”, explica Mónica Ferrín, “o indicador que se toma para medir a desafección é o de satisfacción coa democracia. E adoita mudar, flutúa sobre todo en relación co estado da economía, en función de como vai a economía, a xente está máis ou menos satisfeita coa democracia. Se miras os datos, xa non hai unha tendencia clara como houbo nos noventa, cara abaixo, agora flutúa”. Ferrín (Xenebra, 1979) é profesora de Metodoloxía de Investigación por Enquisas na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. “Hai indicadores que si teñen tendencias negativas: como o de confianza nos políticos e o de confianza nos partidos políticos. Nestes si se ve unha caída na maioría dos países europeos. Nos anos oitenta e noventa a afiliación partidista era moi clara, hoxe xa non o é tanto. Non hai aquela identificación tan forte.

“Hai indicadores que si teñen tendencias negativas: como o de confianza nos políticos e o de confianza nos partidos políticos. Nestes si se ve unha caída na maioría dos países europeos” (M. Ferrín)

Ferrín advirte que as cifras de abstención electoral tamén flutúan e non se define unha tendencia clara, mesmo, indica, “porque a xente tamén utiliza outras vías, como a participación en movementos sociais, para influír na política”.

Mais a política alén da institucional na Galiza esperta dúbidas. “Hai uns anos tería dito que todo o poder para o poder popular, hoxe son bastante escéptico”, recoñece David Rodríguez, autor de O canastro sen tornarratos, un celebrado ensaio sobre a emerxencia da nova política. “Unha das ensinanzas que tirei da política post 15M é que os movementos sociais no país están moi verdes, teñen pouca capacidade organizativa e mobilizadora. Ao final son os partidos e os sindicatos clásicos os que teñen a capacidade de estruturar minimamente o malestar. Pero a historia sempre está aberta… e cada vez hai máis xente excluída que nun momento dado podería organizarse. Hai uns anos pensabamos que a precariedade era algo transitorio, da mocidade, pero ímonos facendo maiores e seguimos instalados nela. Quizá iso…”

“[A desafección] medrará se se instala a idea de que o sistema político non resolve os problemas dos cidadáns e estes fican convertidos en espectadores nunha democracia que ten máis de ficción e sobreactuación que de representación real” (C. Arango)

A economía, as posibilidades de subsistencia material, determinan os xiros políticos, coinciden os analistas. “Aínda estabamos a recuperarnos da anterior e xa temos aquí unha crise económica que pode ser devastadora. Quizá vexamos unha reedición dos discursos do 15M, mais sen vocación transformadora; desta volta o xiro iría cara a postulados moi conservadores e mesmo tradicionalistas”, di Carmen Arango, que intúe unha luz nos movementos veciñais que durante o confinamento se fixeron cargo de atender e abastecer ás veciñas máis vulnerábeis. “Igual esta crise serve para reforzar os vínculos máis próximos e vemos agromar un tecido social a pequena escala sen conexión con entes institucionalizados. Quizá iso…”

“Se vén un programa de axuste moi duro, a xente toma partido, pode haber disturbios, revoltas nas rúas… como sucedeu en Grecia”, advirte Bastos Boubeta. “Nese escenario si que habería afección, a xente veríase implicada porque a política afectaría de forma directa á súa vida. A afección non é necesariamente boa”.

“Unha das ensinanzas que tirei da política post 15M é que os movementos sociais no país están moi verdes, teñen pouca capacidade organizativa e mobilizadora. Ao final son os partidos e os sindicatos clásicos os que teñen a capacidade de estruturar minimamente o malestar” (D. Rodríguez)

Ollando para os últimos barómetros do CIS, o profesor en Compostela sinala que as cuestións que máis interese espertaban entre os enquisados eran as referidas á cuestión catalá, ao cambio climático, á confianza nos políticos… “desafección?, pode. O certo é que eses debates quedaron tapados como se non impactaran na vida da xente. Pero o que está a pasar e o que vén, si; si que impacta… o que temo precisamente é que haxa moita afección. A maior implicación non ten porque estar encamiñada a través dos partidos, pode traer unha polarización social moi grande”.

“Se vén un programa de axuste moi duro, a xente toma partido, pode haber disturbios… Nese escenario si que habería afección, a xente veríase implicada porque a política afectaría de forma directa á súa vida” (M.A. Bastos)

Mónica Ferrín participa dun proxecto europeo sobre a concepción da democracia entre á cidadanía que se iniciou no 2012 e tiña previsto desenvolver unha segunda quenda de traballo de campo nestes meses. O coronavirus atrasou as pescudas até setembro. “O que descubrimos é que as concepcións que se tiñan non 2012 terminaron por afectar ao panorama político a nivel macro. É dicir, unha determinada concepción derivou nunha determinada configuración do sistema de partidos. Nos estados como España, Grecia ou Italia, que estiveron moi afectados pola crise económica, elementos de igualdade social tiñan maior peso na concepción da democracia. O desaxuste entre o que os cidadáns esperan que lles dea a democracia e o que realmente lles ofrece permite que xurdan determinados partidos. Así, quen tiñan ese sentimento máis forte, votaron Podemos.”

– Que tipo de partidos traerá esta crise?

– Non sei… non temos datos sobre iso. O único que podemos constatar é que xa había unha tendencia á polarización. Iso pode dar lugar a que a xente se decante polas forzas máis polarizadas ou que opte pola moderación e quedar co que temos. Que vai pasar? Non o sei.


PÓXIMA ENTREGA (mañá, mércores): “Menos emprego, máis digitalizaçom”

As autoras

Coletivo Amanhecer

Coletivo Amanhecer

Continuamos publicando as oito entregas nunha ampliación da reportaxe conxunta Umha crise feita de muitas crises que difunde este mes Novas da Galiza en acordo con Galiza livre e adiante.gal (que pola nosa banda botamos andar unha colaboración como Coletivo Amanhecer).

Umha crise, muitas crises

#covid19

Deixe um comentário

Deixe um comentário