ContraMiNAcción pide desacreditar Felipe Macías
Augas de Galicia advirte que un estudo encargado o profesor pola concesionaria da mina San Finx “carece de suficiente fundamento y justificación”.
Os ambientalistas lembran que o ex profesor de la USC continúa a elaborar informes intentando “des-responsabilizar” a Valoriza Minería dos vertidos con metais pesados.
Redacción adiante | A Coruña | 12 de agosto. ContraMiNAcción lanzou unha nota de prensa este martes esixindo á Universidade de Santiago de Compostela que retire a condición de emérito ao profesor Felipe Macías e pedindo aos colexios profesionais de Geólogos de España, de Químicos de Galicia, de Ingenieros de Minas del Noroeste e de Ingenieros Técnicos de Minas de Galicia que se retracten do seu apoio a Macías.
No comunicado, ContraMiNAcción subliña que Augas de Galicia vén de rexeitar as conclusións dun estudo do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental da USC, liderado por Felipe Macías e realizado a petición de la concesionaria de la mina San Finx, Valoriza Minería. Naquel estudo, o equipo de Macías elucubrou sobre a existencia de altas concentracións naturais de cadmio nas inmediacións da mina Lousame (A Coruña). Segundo Macías, este fondo natural sería o responsábel das altas concentracións presentes no río en lugar dos vertidos ilegais procedientes da mina.
Augas de Galicia someteu o estudio Macías a revisión por parte dun equipo da Universidade da Coruña liderado polo catedrático da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, Javier Samper. A UDC, nun informe de 238 páxinas, considera que as explicacións de Macías “carecen de suficiente fundamento y justificación”; sinalando erros tanto metodolóxicos como aritméticos. As conclusións foron confirmadas polo Ministerio para la Transición Ecológica.
Augas de Galicia constatou que os vertidos mineiros ao río San Finx, a sete quilómetros da ría de Noia e Muros, e que proceden da mina, manteñen rexistros constantes mesmo a 4,4 quilómetros da mina.
ContraMiNAcción lembra que, malia os procesos xudiciais abertos, aínda non se sancionou á concesionaria polos vertidos, e que ademais a empresa dispón desde hai 5 anos dun expediente de autorización de vertidos “plagado de irregularidades”.
Os ambientalistas piden á Universidade de Santiago de Compostela que se desvincule de Felipe Macías e que lle retire a consideración de profesor emérito. E lembran que Macías xa intentou favorecer cos seus estudos outros porxectos de megaminaría, como o de Touro, así como determinados parques eólicos, a balsa mineira das Pontes ou mesmo a “eucaliptización” do país.
Ademais, ContraMINAcción exige a rectificación de catro colexios profesionais que en xuño de 2019 aopiaron as teses de Macías ao tempo que intentaron desprestixiar o traballo de Steven H. Emerman “en su calidad de consultor al servicio de entidades públicas y ambientales gallegas”. Os colexios interpelados son o de Geólogos de España, de Químicos de Galicia, de Ingenieros de Minas del Noroeste e o de Ingenieros Técnicos de Minas de Galicia
Emerman cuestionara as conclusións de Felipe Macías sobre San Finz, “evidenciando extensos plagios, absoluta falta de rigor metodológico y procedimental y manipulaciones groseras en uno de los informes (…) con el fin manifiesto de eximir a la concesionaria minera del cumplimiento de los límites legales para contaminantes peligrosos, alegando un ficticio fondo natural de metales”, segundo indican no comunicado.
ContraMINAcción esixe aos colexios que, “por principios deontológicos y por la reputación de los propios colegios que podrían estar siendo utilizados para intereses espurios”, retiren os seus comunicados anteriores e informen da evaluación feita sobre o estudo de Macías.
Minaría
Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)
Entrevistas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas